As actividades para a próxima quincena son 3:
1) Ver este video:
2) Chegoume esta noticia por whats app dun amigo de confianza. Averigua se é certa ou unha fake new:
3) Escolle unha noticia sobre o covid - 19 para que os teus compañeiros e compañeiras investiguen a próxima quincena se son fake news ou noticias verdadeiras. Valen noticias falsas, verdadeiras ou noticias das que teñas dúbida e queiras aproveitar para comprobar a súa veracidade. Valen fotos, artigos, videos... o formato da igual.
Coma sempre podes enviarme as actividades ao meu whats app ou ao correo electrónico nandacastroverde@gmail.com
domingo, 17 de mayo de 2020
miércoles, 13 de mayo de 2020
Como calcular a nota de Xeografía e Historia
A nota final de xeografía e historia en xuño, será a media das dúas primeiras avaliacións.
Por lei, non podo baixar a nota na terceira.
Hai quen estará pensando: "E para que facemos as actividades da terceira?", e eu respondo: para aprender. E como quero que aprendades, a quen faga todas as actividades da terceira subireille un punto a media de xuño.
Resulta que algunha xente, está facendo uns traballos e actividades moi bos, que destacan especialmente polo traballadas que están, e sobresaen polo ben redatadas ou ben expostas de forma oral que as presentan, etc. Para esta xente que se esmera por enriba da media, poderá haber unha subida de dous puntos.
Ese é o resumo do asunto. A inspección mandounos redatar un documento a todo o profesorado onde se especifique como imos organizar o ensino na terceira avaliación e como imos avaliar. O que máis vos interesa do tocho que escribín, é esto:
lunes, 4 de mayo de 2020
Actividades da segunda quincena (ata o 15 de maio)
As tarefas para esta quincena (ata o 15 de maio) son:
- Ver este video.
- Escoller tres memes (chistes) desta época da pandemia e mandarme as imaxes.
- Un texto que meteríades na cápsula, xunto co meme, explicándolle o meme á xente do futuro, que igual non o pode entender se lle falta información.
- Ver este video.
- Escoller tres memes (chistes) desta época da pandemia e mandarme as imaxes.
- Un texto que meteríades na cápsula, xunto co meme, explicándolle o meme á xente do futuro, que igual non o pode entender se lle falta información.
domingo, 3 de mayo de 2020
Actividades da primeira quincena para quen non as fixo aínda
A primeira quincena (ou sexa en abril), había que ver un video e facer un listado das fontes de información que meteríades na nosa cápsula do tempo, indicando se eran fontes escritas, materiais, orais ou iconográficas e porque sería interesante meter esas cousas. Como houbo quen non o fixo aínda, fixen un video máis resumido de só tres minutos. Recordade que podedes enviarme un audio de whats app dicíndome qué meteríades na cápsula e con iso xa cumplides.
Non quero poñer aquí o meu número de teléfono pero o ten todo quisque, preguntádelle a calquera. Ou me preguntades a min o meu teléfono no correo nandacastroverde@gmail.com
Este é o video resumido:
Non quero poñer aquí o meu número de teléfono pero o ten todo quisque, preguntádelle a calquera. Ou me preguntades a min o meu teléfono no correo nandacastroverde@gmail.com
Este é o video resumido:
domingo, 19 de abril de 2020
Actividades para a primeira quincena do terceiro trimestre
Para a materia de xeografía e historia durante a próxima quincena, hai que facer duas cousas:
A tarefa das fontes pode facerse por escrito ou de forma oral (grabación de audio ou video), e poden entregarse por correo electrónico (nandacastroverde@gmail.com) ou por teléfono (se non podedes conseguir o meu teléfono pedídemo por correo electrónico).
Avaliarei a actividade tendo en conta:
- Que da selección que fagades se note que vistes o video.
- Que as fontes de información que escollades sexan interesantes e útiles.
- Que estruturedes ben a exposición e non mesturedes as fontes, é dicir, que levedes un orde lóxico na exposición.
- Que a expresión sexa correcta, co vocabulario axeitado e en rexistro culto, non coloquial.
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo en calquea momento.
Ánimo!
Lembrade que aínda que as tarefas son obrigatorias, só serven para subir nota, nunca para baixala. Que ninguén se agobie. Se tedes algún problema para facelas podedes falar comigo.
- Ver atentamente o vídeo que aparece máis abaixo.
- Elaborar o listado de fontes de información que se indica no video, coa explicación do tipo de fontes que son, e porque sería interesante introducilas na cápsula. O entenderedes cando o vexades.
A tarefa das fontes pode facerse por escrito ou de forma oral (grabación de audio ou video), e poden entregarse por correo electrónico (nandacastroverde@gmail.com) ou por teléfono (se non podedes conseguir o meu teléfono pedídemo por correo electrónico).
Avaliarei a actividade tendo en conta:
- Que da selección que fagades se note que vistes o video.
- Que as fontes de información que escollades sexan interesantes e útiles.
- Que estruturedes ben a exposición e non mesturedes as fontes, é dicir, que levedes un orde lóxico na exposición.
- Que a expresión sexa correcta, co vocabulario axeitado e en rexistro culto, non coloquial.
Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo en calquea momento.
Ánimo!
Lembrade que aínda que as tarefas son obrigatorias, só serven para subir nota, nunca para baixala. Que ninguén se agobie. Se tedes algún problema para facelas podedes falar comigo.
sábado, 18 de abril de 2020
Nota para as familias
O proxecto "Cápsula do Tempo", é unha actividade da metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos), que deseñamos tendo en conta as recomendacións da Xunta para este terceiro trimestre. Quen teña curiosidade por saber que tipo de aprendizaxes se consiguen a través deste proxecto, pode curiosear esta entrada.
Unha aperta.
Unha aperta.
PROXECTO CÁPSULA DO TEMPO
CPIP de Castroverde
1.
Xustificación.
Como sabedes,
debido ao peche dos centros con motivo da pandemia do Covid – 19, as instrucións,
tanto do Ministerio como da Xunta, indican que debemos dedicar o terceiro
trimestre a actividades de recuperación, repaso e reforzo ou, no seu caso,
ampliación, con actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente
titorizadas. As actividades deben centrarse nas aprendizaxes e competencias
imprescindibles, evitando sobrecargar ao alumnado.
A avaliación
final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019 – 2020, considerará en
conxunto, as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de
desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente
definidas.
2.
Contextualización.
Seguindo tamén
instrucións da consellería, o CPIP de Castroverde, procurou acadar información
sobre o acceso ás redes de todo o alumnado do centro, co fin de procurar a
axeitada conexión ás citadas actividades de todos e cada un ou cada unha dos
alumnos e alumnas, procurando solucionar, dentro do posible, os problemas
detectados.
Unha vez
realizado este imprescindible paso, varios departamentos decidimos organizar un
proxecto interdisciplinar, que permita traballar, dunha forma o máis achegada
ao alumnado que nos sexa posible, as competencias básicas imprescindibles. As
actividades realizadas servirán para traballar as competencias básicas comúns,
e contidos varios das diferentes materias dos departamentos para os que foi
posible unirse a este proxecto.
3.
Presentación.
A Cápsula do tempo, é unha actividade interdisciplinar que, basicamente,
consiste en realizar unha serie de actividades e reunir obxectos e traballos variados,
que se introducirán nunha caixa ou recipiente, o máis hermético que nos sexa
posible, coa intención de pechalo e que poida abrirse no futuro, constituíndo
unha valiosa fonte de información, deste momento histórico que estamos a vivir.
4.
Competencias
que se traballarán desde os distintos departamentos participantes:
Comunicación lingüística:
A Comunicación
Lingüística é a habilidade para expresar conceptos, pensamentos, sentimentos,
feitos e opinións de forma oral e escrita e para interactuar lingüisticamente
dunha maneira axeitada e creativa en todos os posibles contextos sociais e
culturais, como a educación e a formación, a vida privada e profesional e o
ocio.
Inclúese a
comunicación de datos a través de mapas e imaxes (tanto a súa elaboración como
a súa interpretación), gráficos, etc., empregando do vocabulario específico
axeitadamente.
Competencia matemática e competencias
básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT):
A competencia
matemática é a habilidade para aplicar o razoamento matemático coa fin de
resolver diversos problemas en situacións cotiás. Baseándose no bo dominio do
cálculo, a énfase se sitúa no proceso e a actividade, aínda que tamén nos
coñecementos. A competencia matemática entraña en distintos grados, a
capacidade e a vontade de utilizar modos matemáticos de pensamento (pensamento
lóxico e espacial) e representación (fórmulas, modelos, construcións, gráficos
e diagramas). Inclúe a comparación de valores porcentuais ou absolutos, a
localización espacial ou no tempo, os esquemas mentais, etc.
A competencia
en materia científica alude á capacidade e á vontade de empregar o conxunto dos
coñecementos e a metodoloxía empregados para explicar a natureza, coa fin de
expor preguntas e extraer conclusións baseadas en probas. As competencias
científicas e tecnolóxicas entrañan a comprensión dos cambios causados pola actividade
humana e a responsabilidade de cada individuo como cidadán.
Competencia dixital (CD):
A competencia
dixital entraña o uso seguro e crítico das tecnoloxías da sociedade e da
información para o traballo, o lecer e a comunicación. Susténtase nas competencias
básicas en materia de TIC: o uso de ordenadores para obter, avaliar, almacenar,
presentar e intercambiar información, e comunicarse e participar nas redes de
colaboración a través de internet. A competencia dixital esixe unha boa
comprensión e amplos coñecementos sobre a natureza, a función es as
oportunidades das tecnoloxías da sociedade e da información en situacións
cotiás da vida privada, social e profesional. Isto leva asociado o coñecemento
das principais aplicacións informáticas, como os sistemas de tratamento de
textos, bases de datos, almacenamento e xestión da información, e a comprensión
das oportunidades e dos riscos potenciais que ofrecen Internet e a comunicación
por medios electrónicos (correo electrónico ou ferramentas de rede) para a vida
profesional, o lecer, a posta en común de información e as redes de
colaboración, a aprendizaxe e a investigación. Do mesmo xeito, as persoas deben
comprender as posibilidades que as tecnoloxías da sociedade e da información
ofrecen como ferramenta de axuda á creatividade e á innovación, e estar ao
corrente das cuestións relacionadas coa validez e a fiabilidade da información
dispoñible e dos principios legais e
éticos polos que debe rexerse o uso interactivo das tecnoloxías da sociedade e
da información.
As capacidades
necesarias inclúen: a capacidade de buscar, obter e tratar información, así
como de utilizala de maneira crítica e sistemática, avaliando a súa pertinencia
e diferenciando entre información real e virtual, pero recoñecendo ao mesmo tempo
os vínculos. As persoas deben ser quen de empregar ferramentas para producir,
presentar e comprender información complexa e ter a habilidade necesaria para
acceder a servizos baseados en Internet, buscalos e utilizalos, pero tamén
deben saber como empregar as tecnoloxías da sociedade e da información como
base do pensamento crítico, a creatividade e a innovación.
Aprender a aprender (CAA):
Aprender a
aprender é a habilidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nela, para
organizar a súa propia aprendizaxe e xestionar o tempo e a información
eficazmente, xa sexa individualmente ou en grupos. Esta competencia implica ser
consciente do propio proceso de aprendizaxe e da necesidade de aprendizaxe de
cada un, determinar as oportunidades dispoñibles e ser quen de superar os
obstáculos coa fin de culminar a aprendizaxe con éxito. Dita competencia
significa adquirir, procesar e asimilar novos coñecementos e capacidades, así
como buscar orientacións e facer uso delas. O feito de “aprender a aprender”
fai que o alumnado se axude de experiencias vitais e de aprendizaxe anteriores
coa fin de empregar e aplicar os novos coñecementos e capacidades en moi
diversos contextos, como os da vida privada e profesional e a educación e
formación. A motivación e a confianza son cruciais para a adquisición desta
competencia.
Cómpre que
cada alumno e cada alumna teñan a capacidade de ser autónomos e autónomas, que
teñan a capacidade de saber a información que lles falta e lles interesa saber,
como buscala, que fontes de información son máis ou menos fiables, cal
información é pertinente para o que pretenden, como organizala, reflexionar
criticamente sobre ela, empregala axeitadamente, etc.
“Aprender a
aprender” esixe a adquisición das capacidades básicas fundamentais necesarias
para a aprendizaxe como a lectura, a escritura, o cálculo e as TIC. Elementos
que se traballarán con materiais propios de cada materia como textos con
vocabulario específico, mapas, gráficos, estatísticas, etc. Deben poder
concentrarse e aprender a superar os obstáculos e resolver problemas. Deben
poder aplicar o aprendido a novas situacións.
Esta
competencia é crucial para desenvolver unha capacidade crítica que lles permita
interpretar a información diverxente e orientar a súa propia aprendizaxe ao
longo de toda a vida, á luz das súas propias conviccións.
Competencias sociais e cívicas (CSC):
Estas
competencias inclúen as persoais e interculturais e recollen todas as formas de
comportamento que preparan ás persoas para participar dunha maneira eficaz e
construtiva na vida social e profesional, especialmente en sociedades cada ve
máis diversificadas, e , no seu caso, para resolver conflitos. A competencia
cívica prepara ás persoas para participar plenamente na vida cívica grazas ao
coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas, e ao compromiso de
participación activa e democrática.
Os elementos
fundamentais desta competencia inclúen a capacidade de comunicarse dunha
maneira construtiva nos distintos contextos, mostrar tolerancia, expresar e
comprender puntos de vista diferentes, negociar sabendo inspirar confianza, e
sentir empatía. As persoas deben ser quen de xestionar o estres e a frustración
e de expresalos dunha maneira construtiva, e tamén de distinguir a esfera
profesional da privada.
Esta
competencia baséase nunha actitude de colaboración, na seguridade nun mesmo ou
mesma e na integridade. As persoas deben interesarse polo desenvolvemento
socioeconómico, a comunicación intercultural, a diversidade de valores e o
respecto polos outros, así como estar dispostas a superar os prexuízos e a comprometerse.
A competencia
cívica baséase no coñecemento dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade,
cidadanía e dereitos civís.
Esta
capacidade debe axudarlles a desenvolver a habilidade para interactuar
eficazmente no ámbito público e para manifestar solidariedade e interese por
resolver os problemas que afecten á comunidade, xa sexa local ou máis ampla.
Leva asociada a participación na súa comunidade e o sentimento de pertenza a
ela.
Conciencia e expresións culturais (CCEC):
É a
apreciación da importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e
emocións a través de distintos medios.
A expresión
cultural precisa una conciencia da herdanza cultural a escala local, nacional e
europea e do seu lugar no mundo e a importancia dos factores estéticos na vida
cotiá.
Débese traballar a apreciación e a expresión; a
apreciación e o goce das obras de arte.
A base do
respecto e da actitude aberta á diversidade da expresión cultural é unha boa
comprensión da cultura propia e un sentimento de identidade. Unha actitude
positiva baséase tamén na creatividade e
na vontade de cultivar as capacidades estéticas mediante a expresión artística
e a participación na vida cultural.
5. Metodoloxía, temporalización, grao de
consecución, procedementos e instrumentos de avaliación:
A Aprendizaxe
Baseada en Proxectos é unha metodoloxía de aprendizaxe na que cada estudante
adquire un rol activo favorecendo a motivación. O profesorado vai guiando o
proceso, propoñendo tarefas que axuden a acadar os obxectivos, realizando un
seguimento do traballo e unha avaliación formativa que oriente ao alumnado no
camiño. O proxecto debe vincularse ao
mundo real e ter unha utilidade práctica ou xerar un beneficio social. Neste
caso, o obxectivo final é facer entre todos e todas unha cápsula do tempo que
permita, nun futuro, ter fontes de información fiables sobre a situación
histórica actual froito da pandemia mundial do Covid – 19.
As fontes de
información poden ser moi variadas, e serán elaboradas polo alumnado, guiados
polo profesorado das distintas materias.
Os tipos de
fontes son moi variados:
-
Escritas: documentos públicos (BOE, DOG...) e
privados (cartas, diarios...); publicacións periódicas (prensa, folletos...),
obras literarias e científicas, etc.
-
Non escritas:
§
Orais: gravacións de entrevistas, testemuños,
cancións, poesías...
§
Materiais: obxectos cotiáns, obxectos
manufacturados...
§
Iconográficos: pinturas, debuxos...
§
Obras gráficas: mapas, gráficos, fotografías,
vídeos...
Cada fonte
deberá dar a máxima información posible, para facilitar o labor cando, no
futuro, se abra a cápsula.
Dado que non
sabemos cando poderemos incorporarnos ás clases presenciais, programaremos
tarefas e actividades pensadas para realizar quincena por quincena. Cada
departamento traballara en base aos seus propios estándares de aprendizaxe, e
decidirá o grao de consecución que se espera, os procedementos e os instrumentos
de avaliación. Esta avaliación que deberá ser fundamentalmente formativa,
continua e positiva, tal como se nos indica desde as instancias oficiais.
6.
Obxectivos
xerais do proxecto.
Os obxectivos
baséanse nos que se establecen legalmente para a etapa da Educación Secundaria:
-
Asumir responsablemente os seus deberes, incluso
en situacións extraordinarias como a que nos atopamos. Coñecer e exercer os
seus dereitos e obrigas e respectar aos demais, preparándose para unha
cidadanía democrática.
-
Desenvolver hábitos de estudo e traballo
individual ou de equipo.
-
Rexeitar a discriminación de calquera tipo e
rexeitar os estereotipos.
-
Fornecer ás súas capacidades afectivas en todos
os ámbitos da súa personalidade e nas súas relacións cos demais.
-
Desenvolver destrezas básicas no emprego das
fontes de información, para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos.
Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente nas da
información e a comunicación.
-
Concibir o coñecemento científico como un saber
integrado, que se estrutura en distintas disciplinas.
-
Desenvolver un espírito emprendedor e a
confianza en si mesmo ou mesma, a participación, o sentido crítico, a iniciativa
persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e
asumir responsabilidades.
-
Comprender e expresar con corrección, oralmente
e por escrito, na lingua castelá e o galego, textos e mensaxes.
-
Comprender e expresarse nunha ou máis linguas
estranxeiras de maneira apropiada.
-
Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos
da cultura e da historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico
e cultural.
-
Coñecer e aceptar o funcionamento do propio
corpo e dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e
da saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para
favorecer o desenvolvemento corporal e social. Coñecer e valorar a dimensión
humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os
hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e
o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.
-
Apreciar a creación artística e comprender a
linguaxe das distintas manifestacións artísticas, empregando diversos medios de
expresión e representación.
viernes, 17 de abril de 2020
Aviso para as familias: actividades terceiro trimestre
Estamos esperando instrucións máis polo miúdo do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia, pero vou comentar o que xa se sabe:
Actividades do terceiro trimestre do CPIP de Castroverde
Segundo acordamos en claustro, celebrado a través da plataforma cisco webex, o próximo luns 20 de abril de 2020 o profesorado do CPIP de Castroverde, inserirá na web do centro unha entrada, na que baixo o título "terceiro trimestre" colgaremos as actividades de cada curso e materia para o último trimestre, en xeral, en bloques de 15 en 15 días, xa que non temos seguridade de se as clases presenciais se poderán restablecer en algún momento, antes da finalización do curso.Información oficial da que dispoñemos
A falta de máis información, esto é o que se sabe ata o momento:
Preme neste enlace se queres acceder á nota de prensa completa do Ministerio de Educación.Preme neste enlace se queres acceder ás orientacións provisionais da Xunta de Galicia
Quere isto dicir que haberá aprobado xeral?
Non. A norma xeral será pasar de curso sen repetir, pero iso non quere dicir que se teñan aprobadas as materias. Polo que sabemos ata o momento, habilitarán formas específicas para que, por norma xeral, se poida pasar de curso malia non superalas. Isto aínda deben concretalo máis.Que pasará coas notas da materia de Xeografía e Historia?
As notas da materia de Xeografía e Historia serán, como mínimo, as que tedes no segundo trimestre. As actividades do terceiro trimestre que se publiquen neste blogg a partir do luns 20 de abril de 2020, en bloques de 15 en 15 días, servirán para subir nota, nunca para baixala. En principio, e sempre que non se retomen as actividades presenciais, as actividades servirán para subir un ou dous puntos a nota que xa tedes, sempre tendo en conta as instruccións definitivas da Xunta de Galicia, claro.Que pasa se alguén non fai ningunha actividade do terceiro trimestre da materia de Xeografía e Historia? E se xa teño un 10, teño que facelas?
É obrigatorio facer as actividades de Xeografía e Historia do terceiro trimestre, pero non facelas non baixará a nota. O que pasará se non as facedes, é que perderedes unha oportunidade de ouro para traballar as competencias básicas, xa que traballaremos competencias que son útiles en todos os cursos da ESO, e contidos que se repiten en primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO. Procurarei que sexan tarefas entretidas, ademais de útiles. Estamos a vivir un momento histórico e cómpre aproveitalo para aprender. O alumnado que realice as tarefas, entenderá mellor a materia nos próximos cursos, e desenvolverá ferramentas imprescindibles. Serán tarefas pensadas para APRENDER, e aprender sempre servirá para desenvolverse mellor nos próximos cursos.
Que pasa cos contidos que non demos?
Darémolos nos próximos cursos, retocando a programación para dar moi por enriba o menos importante e facerlle sitio ao importante.
Como nos podemos comunicar contigo se temos algunha dúbida?
Podedes poñervos en contacto comigo por teléfono, quen xa o teña ou poda pedirllo a alguén, ou ben por correo electrónico nandacastroverde@gmail.com
Quen non teña o meu teléfono, nin forma de conseguilo, pode pedirmo por correo electrónico, xa que non quero poñer o meu número persoal nun blogg público.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





