jueves, 4 de junio de 2020

Aínda estades a tempo

Aínda quedan dúas semanas por diante. Estades a tempo de entregar os traballos de xeografía e historia. Non vos agobiedes cos prazos. Teño intención de facer unha videoconferencia a semana do 15, e para entón hai que ter vistos os videos.
Ánimo, que xa queda pouco!.

martes, 2 de junio de 2020

Actividades quincena 1al 14 de xuño. Aprender a buscar en Google

.

Esta quincena aprenderemos algunhas ferramentas para buscar de forma máis efectiva en Google.
1. O primeiro que teredes que facer é copiar, imprimir ou sacar una foto co voso móbil a esta "chuleta". Mandádeme a foto da chuleta ao whats app ou a nandacastroverde@gmail.com. E escribides unha frase que me demostre de algunha maneira que vistes o video (xa sei que iso non o demostra, pero fíome de vos). Non borredes a foto que a ides usar.


Estratexias de busca en Google
Chuleta para ter a man mentres buscamos
1.     Idioma da busca: castelán.
2.     Empregar as palabras exactas.
3.     Ferramentas que facilitan o traballo:
Ø As comiñas: busca textualmente esa frase.
Ø Para buscar nunha páxina determinada: Site:www...
Ø Usar Google como dicionario. Define:esternocleidomastoideo.
Ø Buscar unha palabra nun documento “control” e “F” ao mesmo tempo.
Ø Para detectar fiabilidade:
§  Páxinas oficiais.
§  Periódicos fiables.
§  Ver que sinale o nome de quen escribiu o documento.
§  Ver que non teña faltas de ortografía ou mala sintaxe.
§  Se ven a bibliografía mellor.

§  Usar o sentido común.

2. Coa chuleta diante, vedes este video:




Se a alguén lle parece demasiado sinxelo ou quere aprender máis, hai un video máis completo ao que se pode acceder premendo aquí.

domingo, 17 de mayo de 2020

Actividades da terceira quincena (ata o 29 de maio)

As actividades para a próxima quincena son 3:
1) Ver este video:



2) Chegoume esta noticia por whats app dun amigo de confianza. Averigua se é certa ou unha fake new:


3) Escolle unha noticia sobre o covid - 19 para que os teus compañeiros e compañeiras investiguen a próxima quincena se son fake news ou noticias verdadeiras. Valen noticias falsas, verdadeiras ou noticias das que teñas dúbida e queiras aproveitar para comprobar a súa veracidade. Valen fotos, artigos, videos... o formato da igual.

Coma sempre podes enviarme as actividades ao meu whats app ou ao correo electrónico nandacastroverde@gmail.com

miércoles, 13 de mayo de 2020

Como calcular a nota de Xeografía e Historia

A nota final de xeografía e historia en xuño, será a media das dúas primeiras avaliacións.
Por lei, non podo baixar a nota na terceira.

Hai quen estará pensando: "E para que facemos as actividades da terceira?", e eu respondo: para aprender. E como quero que aprendades, a quen faga todas as actividades da terceira subireille un punto a media de xuño.

Resulta que algunha xente, está facendo uns traballos e actividades moi bos, que destacan especialmente polo traballadas que están, e sobresaen polo ben redatadas ou ben expostas de forma oral que as presentan, etc. Para esta xente que se esmera por enriba da media, poderá haber unha subida de dous puntos.

Ese é o resumo do asunto. A inspección mandounos redatar un documento a todo o profesorado onde se especifique como imos organizar o ensino na terceira avaliación e como imos avaliar. O que máis vos interesa do tocho que escribín, é esto:

lunes, 4 de mayo de 2020

Actividades da segunda quincena (ata o 15 de maio)

As tarefas para esta quincena (ata o 15 de maio) son:
- Ver este video.
- Escoller tres memes (chistes) desta época da pandemia e mandarme as imaxes.
- Un texto que meteríades na cápsula, xunto co meme, explicándolle o meme á xente do futuro, que igual non o pode entender se lle falta información.

domingo, 3 de mayo de 2020

Actividades da primeira quincena para quen non as fixo aínda

A primeira quincena (ou sexa en  abril), había que ver un video e facer un listado das fontes de información que meteríades na nosa cápsula do tempo, indicando se eran fontes escritas, materiais, orais ou iconográficas e porque sería interesante meter esas cousas. Como houbo quen non o fixo aínda, fixen un video máis resumido de só tres minutos. Recordade que podedes enviarme un audio de whats app dicíndome qué meteríades na cápsula e con iso xa cumplides.
Non quero poñer aquí o meu número de teléfono pero o ten todo quisque, preguntádelle a calquera. Ou me preguntades a min o meu teléfono no correo nandacastroverde@gmail.com
Este é o video resumido:

domingo, 19 de abril de 2020

Actividades para a primeira quincena do terceiro trimestre

Para a materia de xeografía e historia durante a próxima quincena, hai que facer duas cousas:
- Ver atentamente o vídeo que aparece máis abaixo.
- Elaborar o listado de fontes de información que se indica no video, coa explicación do tipo de fontes que son,  e porque sería interesante introducilas na cápsula. O entenderedes cando o vexades.


A tarefa das fontes pode facerse por escrito ou de forma oral (grabación de audio ou video), e poden entregarse por correo electrónico (nandacastroverde@gmail.com) ou por teléfono (se non podedes conseguir o meu teléfono pedídemo por correo electrónico).

Avaliarei a actividade tendo en conta:
- Que da selección que fagades se note que vistes o video.
- Que as fontes de información que escollades sexan interesantes e útiles.
- Que estruturedes ben a exposición e non mesturedes as fontes, é dicir, que levedes un orde lóxico na exposición.
- Que a expresión sexa correcta, co vocabulario axeitado e en rexistro culto, non coloquial.

Se tedes calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo en calquea momento.
Ánimo!

Lembrade que aínda que as tarefas son obrigatorias, só serven para subir nota, nunca para baixala. Que ninguén se agobie. Se tedes algún problema para facelas podedes falar comigo.

sábado, 18 de abril de 2020

Nota para as familias

O proxecto "Cápsula do Tempo", é unha actividade da metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos), que deseñamos tendo en conta as recomendacións da Xunta para este terceiro trimestre. Quen teña curiosidade por saber que tipo de aprendizaxes se consiguen a través deste proxecto, pode curiosear esta entrada.
Unha aperta.

PROXECTO CÁPSULA DO TEMPO
CPIP de Castroverde
1.     Xustificación.
Como sabedes, debido ao peche dos centros con motivo da pandemia do Covid – 19, as instrucións, tanto do Ministerio como da Xunta, indican que debemos dedicar o terceiro trimestre a actividades de recuperación, repaso e reforzo ou, no seu caso, ampliación, con actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas. As actividades deben centrarse nas aprendizaxes e competencias imprescindibles, evitando sobrecargar ao alumnado.
A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019 – 2020, considerará en conxunto, as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.
2.     Contextualización.
Seguindo tamén instrucións da consellería, o CPIP de Castroverde, procurou acadar información sobre o acceso ás redes de todo o alumnado do centro, co fin de procurar a axeitada conexión ás citadas actividades de todos e cada un ou cada unha dos alumnos e alumnas, procurando solucionar, dentro do posible, os problemas detectados.
Unha vez realizado este imprescindible paso, varios departamentos decidimos organizar un proxecto interdisciplinar, que permita traballar, dunha forma o máis achegada ao alumnado que nos sexa posible, as competencias básicas imprescindibles. As actividades realizadas servirán para traballar as competencias básicas comúns, e contidos varios das diferentes materias dos departamentos para os que foi posible unirse a este proxecto.
3.     Presentación.
A Cápsula do tempo, é unha actividade interdisciplinar que, basicamente, consiste en realizar unha serie de actividades e reunir obxectos e traballos variados, que se introducirán nunha caixa ou recipiente, o máis hermético que nos sexa posible, coa intención de pechalo e que poida abrirse no futuro, constituíndo unha valiosa fonte de información, deste momento histórico que estamos a vivir.
4.     Competencias que se traballarán desde os distintos departamentos participantes:
Comunicación lingüística:
A Comunicación Lingüística é a habilidade para expresar conceptos, pensamentos, sentimentos, feitos e opinións de forma oral e escrita e para interactuar lingüisticamente dunha maneira axeitada e creativa en todos os posibles contextos sociais e culturais, como a educación e a formación, a vida privada e profesional e o ocio.
Inclúese a comunicación de datos a través de mapas e imaxes (tanto a súa elaboración como a súa interpretación), gráficos, etc., empregando do vocabulario específico axeitadamente.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT):
A competencia matemática é a habilidade para aplicar o razoamento matemático coa fin de resolver diversos problemas en situacións cotiás. Baseándose no bo dominio do cálculo, a énfase se sitúa no proceso e a actividade, aínda que tamén nos coñecementos. A competencia matemática entraña en distintos grados, a capacidade e a vontade de utilizar modos matemáticos de pensamento (pensamento lóxico e espacial) e representación (fórmulas, modelos, construcións, gráficos e diagramas). Inclúe a comparación de valores porcentuais ou absolutos, a localización espacial ou no tempo, os esquemas mentais, etc.
A competencia en materia científica alude á capacidade e á vontade de empregar o conxunto dos coñecementos e a metodoloxía empregados para explicar a natureza, coa fin de expor preguntas e extraer conclusións baseadas en probas. As competencias científicas e tecnolóxicas entrañan a comprensión dos cambios causados pola actividade humana e a responsabilidade de cada individuo como cidadán.
Competencia dixital (CD):
A competencia dixital entraña o uso seguro e crítico das tecnoloxías da sociedade e da información para o traballo, o lecer e a comunicación. Susténtase nas competencias básicas en materia de TIC: o uso de ordenadores para obter, avaliar, almacenar, presentar e intercambiar información, e comunicarse e participar nas redes de colaboración a través de internet. A competencia dixital esixe unha boa comprensión e amplos coñecementos sobre a natureza, a función es as oportunidades das tecnoloxías da sociedade e da información en situacións cotiás da vida privada, social e profesional. Isto leva asociado o coñecemento das principais aplicacións informáticas, como os sistemas de tratamento de textos, bases de datos, almacenamento e xestión da información, e a comprensión das oportunidades e dos riscos potenciais que ofrecen Internet e a comunicación por medios electrónicos (correo electrónico ou ferramentas de rede) para a vida profesional, o lecer, a posta en común de información e as redes de colaboración, a aprendizaxe e a investigación. Do mesmo xeito, as persoas deben comprender as posibilidades que as tecnoloxías da sociedade e da información ofrecen como ferramenta de axuda á creatividade e á innovación, e estar ao corrente das cuestións relacionadas coa validez e a fiabilidade da información dispoñible  e dos principios legais e éticos polos que debe rexerse o uso interactivo das tecnoloxías da sociedade e da información.
As capacidades necesarias inclúen: a capacidade de buscar, obter e tratar información, así como de utilizala de maneira crítica e sistemática, avaliando a súa pertinencia e diferenciando entre información real e virtual, pero recoñecendo ao mesmo tempo os vínculos. As persoas deben ser quen de empregar ferramentas para producir, presentar e comprender información complexa e ter a habilidade necesaria para acceder a servizos baseados en Internet, buscalos e utilizalos, pero tamén deben saber como empregar as tecnoloxías da sociedade e da información como base do pensamento crítico, a creatividade e a innovación.
Aprender a aprender (CAA):
Aprender a aprender é a habilidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nela, para organizar a súa propia aprendizaxe e xestionar o tempo e a información eficazmente, xa sexa individualmente ou en grupos. Esta competencia implica ser consciente do propio proceso de aprendizaxe e da necesidade de aprendizaxe de cada un, determinar as oportunidades dispoñibles e ser quen de superar os obstáculos coa fin de culminar a aprendizaxe con éxito. Dita competencia significa adquirir, procesar e asimilar novos coñecementos e capacidades, así como buscar orientacións e facer uso delas. O feito de “aprender a aprender” fai que o alumnado se axude de experiencias vitais e de aprendizaxe anteriores coa fin de empregar e aplicar os novos coñecementos e capacidades en moi diversos contextos, como os da vida privada e profesional e a educación e formación. A motivación e a confianza son cruciais para a adquisición desta competencia.
Cómpre que cada alumno e cada alumna teñan a capacidade de ser autónomos e autónomas, que teñan a capacidade de saber a información que lles falta e lles interesa saber, como buscala, que fontes de información son máis ou menos fiables, cal información é pertinente para o que pretenden, como organizala, reflexionar criticamente sobre ela, empregala axeitadamente, etc.
“Aprender a aprender” esixe a adquisición das capacidades básicas fundamentais necesarias para a aprendizaxe como a lectura, a escritura, o cálculo e as TIC. Elementos que se traballarán con materiais propios de cada materia como textos con vocabulario específico, mapas, gráficos, estatísticas, etc. Deben poder concentrarse e aprender a superar os obstáculos e resolver problemas. Deben poder aplicar o aprendido a novas situacións.
Esta competencia é crucial para desenvolver unha capacidade crítica que lles permita interpretar a información diverxente e orientar a súa propia aprendizaxe ao longo de toda a vida, á luz das súas propias conviccións.
Competencias sociais e cívicas (CSC):
Estas competencias inclúen as persoais e interculturais e recollen todas as formas de comportamento que preparan ás persoas para participar dunha maneira eficaz e construtiva na vida social e profesional, especialmente en sociedades cada ve máis diversificadas, e , no seu caso, para resolver conflitos. A competencia cívica prepara ás persoas para participar plenamente na vida cívica grazas ao coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas, e ao compromiso de participación activa e democrática.
Os elementos fundamentais desta competencia inclúen a capacidade de comunicarse dunha maneira construtiva nos distintos contextos, mostrar tolerancia, expresar e comprender puntos de vista diferentes, negociar sabendo inspirar confianza, e sentir empatía. As persoas deben ser quen de xestionar o estres e a frustración e de expresalos dunha maneira construtiva, e tamén de distinguir a esfera profesional da privada.
Esta competencia baséase nunha actitude de colaboración, na seguridade nun mesmo ou mesma e na integridade. As persoas deben interesarse polo desenvolvemento socioeconómico, a comunicación intercultural, a diversidade de valores e o respecto polos outros, así como estar dispostas a superar os prexuízos e a comprometerse.
A competencia cívica baséase no coñecemento dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade, cidadanía e dereitos civís.
Esta capacidade debe axudarlles a desenvolver a habilidade para interactuar eficazmente no ámbito público e para manifestar solidariedade e interese por resolver os problemas que afecten á comunidade, xa sexa local ou máis ampla. Leva asociada a participación na súa comunidade e o sentimento de pertenza a ela.
Conciencia e expresións culturais (CCEC):
É a apreciación da importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións a través de distintos medios.
A expresión cultural precisa una conciencia da herdanza cultural a escala local, nacional e europea e do seu lugar no mundo e a importancia dos factores estéticos na vida cotiá.
Débese  traballar a apreciación e a expresión; a apreciación e o goce das obras de arte.
A base do respecto e da actitude aberta á diversidade da expresión cultural é unha boa comprensión da cultura propia e un sentimento de identidade. Unha actitude positiva baséase tamén na creatividade  e na vontade de cultivar as capacidades estéticas mediante a expresión artística e a participación na vida cultural.
5.     Metodoloxía, temporalización, grao de consecución, procedementos e instrumentos de avaliación:
A Aprendizaxe Baseada en Proxectos é unha metodoloxía de aprendizaxe na que cada estudante adquire un rol activo favorecendo a motivación. O profesorado vai guiando o proceso, propoñendo tarefas que axuden a acadar os obxectivos, realizando un seguimento do traballo e unha avaliación formativa que oriente ao alumnado no camiño. O proxecto debe  vincularse ao mundo real e ter unha utilidade práctica ou xerar un beneficio social. Neste caso, o obxectivo final é facer entre todos e todas unha cápsula do tempo que permita, nun futuro, ter fontes de información fiables sobre a situación histórica actual froito da pandemia mundial do Covid – 19.
As fontes de información poden ser moi variadas, e serán elaboradas polo alumnado, guiados polo profesorado das distintas materias.
Os tipos de fontes son moi variados:
-          Escritas: documentos públicos (BOE, DOG...) e privados (cartas, diarios...); publicacións periódicas (prensa, folletos...), obras literarias e científicas, etc.
-          Non escritas:
§  Orais: gravacións de entrevistas, testemuños, cancións, poesías...
§  Materiais: obxectos cotiáns, obxectos manufacturados...
§  Iconográficos: pinturas, debuxos...
§  Obras gráficas: mapas, gráficos, fotografías, vídeos...
Cada fonte deberá dar a máxima información posible, para facilitar o labor cando, no futuro, se abra a cápsula.
Dado que non sabemos cando poderemos incorporarnos ás clases presenciais, programaremos tarefas e actividades pensadas para realizar quincena por quincena. Cada departamento traballara en base aos seus propios estándares de aprendizaxe, e decidirá o grao de consecución que se espera, os procedementos e os instrumentos de avaliación. Esta avaliación que deberá ser fundamentalmente formativa, continua e positiva, tal como se nos indica desde as instancias oficiais.
6.     Obxectivos xerais do proxecto.
Os obxectivos baséanse nos que se establecen legalmente para a etapa da Educación Secundaria:
-        Asumir responsablemente os seus deberes, incluso en situacións extraordinarias como a que nos atopamos. Coñecer e exercer os seus dereitos e obrigas e respectar aos demais, preparándose para unha cidadanía democrática.
-        Desenvolver hábitos de estudo e traballo individual ou de equipo.
-        Rexeitar a discriminación de calquera tipo e rexeitar os estereotipos.
-        Fornecer ás súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da súa personalidade e nas súas relacións cos demais.
-        Desenvolver destrezas básicas no emprego das fontes de información, para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente nas da información e a comunicación.
-        Concibir o coñecemento científico como un saber integrado, que se estrutura en distintas disciplinas.
-        Desenvolver un espírito emprendedor e a confianza en si mesmo ou mesma, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.
-        Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e o galego, textos e mensaxes.
-        Comprender e expresarse nunha ou máis linguas estranxeiras de maneira apropiada.
-        Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e dos demais, así como o patrimonio artístico e cultural.
-        Coñecer e aceptar o funcionamento do propio corpo e dos outros, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e da saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento corporal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o medio ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora.
-        Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, empregando diversos medios de expresión e representación.


viernes, 17 de abril de 2020

Aviso para as familias: actividades terceiro trimestre

Estamos esperando instrucións máis polo miúdo do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia, pero vou comentar o que xa se sabe:

Actividades do terceiro trimestre do CPIP de Castroverde

Segundo acordamos en claustro, celebrado a través da plataforma cisco webex, o próximo luns 20 de abril de 2020 o profesorado do CPIP de Castroverde, inserirá na web do centro unha entrada, na que baixo o título "terceiro trimestre" colgaremos as actividades de cada curso e materia para o último trimestre, en xeral, en bloques de 15 en 15 días, xa que non temos seguridade de se as clases presenciais se poderán restablecer en algún momento, antes da finalización do curso.

Información oficial da que dispoñemos

A falta de máis información, esto é o que se sabe ata o momento:



Preme neste enlace se queres acceder á nota de prensa completa do Ministerio de Educación.Preme neste enlace se queres acceder ás orientacións provisionais da Xunta de Galicia


Quere isto dicir que haberá aprobado xeral?

Non. A norma xeral será pasar de curso sen repetir, pero iso non quere dicir que se teñan aprobadas as materias. Polo que sabemos ata o momento, habilitarán formas específicas para que, por norma xeral, se poida pasar de curso malia non superalas. Isto aínda deben concretalo máis.

Que pasará coas notas da materia de Xeografía e Historia?

As notas da materia de Xeografía e Historia serán, como mínimo, as que tedes no segundo trimestre. As actividades do terceiro trimestre que se publiquen neste blogg a partir do luns 20 de abril de 2020, en bloques de 15 en 15 días, servirán para subir nota, nunca para baixala. En principio, e sempre que non se retomen as actividades presenciais, as actividades servirán para subir un ou dous puntos a nota que xa tedes, sempre tendo en conta as instruccións definitivas da Xunta de Galicia, claro.

Que pasa se alguén non fai ningunha actividade do terceiro trimestre da materia de Xeografía e Historia? E se xa teño un 10, teño que facelas?

É obrigatorio facer as actividades de Xeografía e Historia do terceiro trimestre, pero non facelas non baixará a nota. O que pasará se non as facedes, é que perderedes unha oportunidade de ouro para traballar as competencias básicas, xa que traballaremos competencias que son útiles en todos os cursos da ESO, e contidos que se repiten en primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO.  Procurarei que sexan tarefas entretidas, ademais de útiles. Estamos a vivir un momento histórico e cómpre aproveitalo para aprender. O alumnado que realice as tarefas, entenderá mellor a materia nos próximos cursos, e desenvolverá ferramentas imprescindibles. Serán tarefas pensadas para APRENDER, e aprender sempre servirá para desenvolverse mellor nos próximos cursos.

Que pasa cos contidos que non demos?

Darémolos nos próximos cursos, retocando a programación para dar moi por enriba o menos importante e facerlle sitio ao importante.

Como nos podemos comunicar contigo se temos algunha dúbida?

Podedes poñervos en contacto comigo por teléfono, quen xa o teña ou poda pedirllo a alguén, ou ben por correo electrónico nandacastroverde@gmail.com 
Quen non teña o meu teléfono, nin forma de conseguilo, pode pedirmo por correo electrónico, xa que non quero poñer o meu número persoal nun blogg público. 

miércoles, 15 de abril de 2020

Modificación da programación pola Covid - 19


Seguindo as instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da comunidade Autónoma de Galicia, achego a adaptacion da programación didáctica do curso 2019/2020.
Centro: CPIP de Castroverde.
Curso: 1º de ESO.
Materia: Xeografía e Historia.
Departamento: Xeografía e Historia.
Data: 5 de maio do 2020.
1.       Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles para o terceiro trimestre.
Competencias:
Comunicación lingüística:
A Comunicación Lingüística é a habilidade para expresar conceptos, pensamentos, sentimentos, feitos e opinións de forma oral e escrita e para interactuar lingüisticamente dunha maneira axeitada e creativa en todos os posibles contextos sociais e culturais, como a educación e a formación, a vida privada e profesional e o ocio.
Inclúese a comunicación de datos a través de mapas e imaxes (tanto a súa elaboración como a súa interpretación), gráficos, etc., empregando do vocabulario específico axeitadamente.

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT):
A competencia matemática é a habilidade para aplicar o razoamento matemático coa fin de resolver diversos problemas en situacións cotiás. Baseándose no bo dominio do cálculo, a énfase se sitúa no proceso e a actividade, aínda que tamén nos coñecementos. A competencia matemática entraña en distintos grados, a capacidade e a vontade de utilizar modos matemáticos de pensamento (pensamento lóxico e espacial) e representación (fórmulas, modelos, construcións, gráficos e diagramas). Inclúe a comparación de valores porcentuais ou absolutos, a localización espacial ou no tempo, os esquemas mentais, etc.
A competencia en materia científica alude á capacidade e á vontade de empregar o conxunto dos coñecementos e a metodoloxía empregados para explicar a natureza, coa fin de expor preguntas e extraer conclusións baseadas en probas. As competencias científicas e tecnolóxicas entrañan a comprensión dos cambios causados pola actividade humana e a responsabilidade de cada individuo como cidadán.


Competencia dixital (CD):
A competencia dixital entraña o uso seguro e crítico das tecnoloxías da sociedade e da información para o traballo, o lecer e a comunicación. Susténtase nas competencias básicas en materia de TIC: o uso de ordenadores para obter, avaliar, almacenar, presentar e intercambiar información, e comunicarse e participar nas redes de colaboración a través de internet. A competencia dixital esixe unha boa comprensión e amplos coñecementos sobre a natureza, a función es as oportunidades das tecnoloxías da sociedade e da información en situacións cotiás da vida privada, social e profesional. Isto leva asociado o coñecemento das principais aplicacións informáticas, como os sistemas de tratamento de textos, bases de datos, almacenamento e xestión da información, e a comprensión das oportunidades e dos riscos potenciais que ofrecen Internet e a comunicación por medios electrónicos (correo electrónico ou ferramentas de rede) para a vida profesional, o lecer, a posta en común de información e as redes de colaboración, a aprendizaxe e a investigación. Do mesmo xeito, as persoas deben comprender as posibilidades que as tecnoloxías da sociedade e da información ofrecen como ferramenta de axuda á creatividade e á innovación, e estar ao corrente das cuestións relacionadas coa validez e a fiabilidade da información dispoñible  e dos principios legais e éticos polos que debe rexerse o uso interactivo das tecnoloxías da sociedade e da información.
As capacidades necesarias inclúen: a capacidade de buscar, obter e tratar información, así como de utilizala de maneira crítica e sistemática, avaliando a súa pertinencia e diferenciando entre información real e virtual, pero recoñecendo ao mesmo tempo os vínculos. As persoas deben ser quen de empregar ferramentas para producir, presentar e comprender información complexa e ter a habilidade necesaria para acceder a servizos baseados en Internet, buscalos e utilizalos, pero tamén deben saber como empregar as tecnoloxías da sociedade e da información como base do pensamento crítico, a creatividade e a innovación.
Aprender a aprender (CAA):
Aprender a aprender é a habilidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nela, para organizar a súa propia aprendizaxe e xestionar o tempo e a información eficazmente, xa sexa individualmente ou en grupos. Esta competencia implica ser consciente do propio proceso de aprendizaxe e da necesidade de aprendizaxe de cada un, determinar as oportunidades dispoñibles e ser quen de superar os obstáculos coa fin de culminar a aprendizaxe con éxito. Dita competencia significa adquirir, procesar e asimilar novos coñecementos e capacidades, así como buscar orientacións e facer uso delas. O feito de “aprender a aprender” fai que o alumnado se axude de experiencias vitais e de aprendizaxe anteriores coa fin de empregar e aplicar os novos coñecementos e capacidades en moi diversos contextos, como os da vida privada e profesional e a educación e formación. A motivación e a confianza son cruciais para a adquisición desta competencia.
Cómpre que cada alumno e cada alumna teñan a capacidade de ser autónomos e autónomas, que teñan a capacidade de saber a información que lles falta e lles interesa saber, como buscala, que fontes de información son máis ou menos fiables, cal información é pertinente para o que pretenden, como organizala, reflexionar criticamente sobre ela, empregala axeitadamente, etc.
“Aprender a aprender” esixe a adquisición das capacidades básicas fundamentais necesarias para a aprendizaxe como a lectura, a escritura, o cálculo e as TIC. Elementos que se traballarán con materiais propios de cada materia como textos con vocabulario específico, mapas, gráficos, estatísticas, etc. Deben poder concentrarse e aprender a superar os obstáculos e resolver problemas. Deben poder aplicar o aprendido a novas situacións.
Esta competencia é crucial para desenvolver unha capacidade crítica que lles permita interpretar a información diverxente e orientar a súa propia aprendizaxe ao longo de toda a vida, á luz das súas propias conviccións.
Competencias sociais e cívicas (CSC):
Estas competencias inclúen as persoais e interculturais e recollen todas as formas de comportamento que preparan ás persoas para participar dunha maneira eficaz e construtiva na vida social e profesional, especialmente en sociedades cada ve máis diversificadas, e , no seu caso, para resolver conflitos. A competencia cívica prepara ás persoas para participar plenamente na vida cívica grazas ao coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas, e ao compromiso de participación activa e democrática.
Os elementos fundamentais desta competencia inclúen a capacidade de comunicarse dunha maneira construtiva nos distintos contextos, mostrar tolerancia, expresar e comprender puntos de vista diferentes, negociar sabendo inspirar confianza, e sentir empatía. As persoas deben ser quen de xestionar o estres e a frustración e de expresalos dunha maneira construtiva, e tamén de distinguir a esfera profesional da privada.
Esta competencia baséase nunha actitude de colaboración, na seguridade nun mesmo ou mesma e na integridade. As persoas deben interesarse polo desenvolvemento socioeconómico, a comunicación intercultural, a diversidade de valores e o respecto polos outros, así como estar dispostas a superar os prexuízos e a comprometerse.
A competencia cívica baséase no coñecemento dos conceptos de democracia, xustiza, igualdade, cidadanía e dereitos civís.
Esta capacidade debe axudarlles a desenvolver a habilidade para interactuar eficazmente no ámbito público e para manifestar solidariedade e interese por resolver os problemas que afecten á comunidade, xa sexa local ou máis ampla. Leva asociada a participación na súa comunidade e o sentimento de pertenza a ela.
Conciencia e expresións culturais (CCEC):
É a apreciación da importancia da expresión creativa de ideas, experiencias e emocións a través de distintos medios.
A expresión cultural precisa una conciencia da herdanza cultural a escala local, nacional e europea e do seu lugar no mundo e a importancia dos factores estéticos na vida cotiá.
Débese  traballar a apreciación e a expresión; a apreciación e o goce das obras de arte.
A base do respecto e da actitude aberta á diversidade da expresión cultural é unha boa comprensión da cultura propia e un sentimento de identidade. Unha actitude positiva baséase tamén na creatividade  e na vontade de cultivar as capacidades estéticas mediante a expresión artística e a participación na vida cultural.
Estándares de aprendizaxe para o terceiro trimestre:
Realiza procuras en medios impresos e dixitais referidas a problemas ambientais actuais, e localiza páxinas e recursos da web directamente relacionados con eles.
Identifica elementos materiais, culturais ou ideolóxicos que son herdanza do pasado
Nomea e identifica catro clases de fontes históricas.
Comprende que a historia non se pode escribir sen fontes, sexan estas restos materiais ou textuais
Ordena temporalmente algúns feitos históricos e outros feitos salientables, utilizando para iso as nocións básicas de sucesión, duración e simultaneidade
Entende que varias culturas convivían á vez en diferentes enclaves xeográficos
Utiliza o vocabulario imprescindible e emprega linguaxe non sexista
Realiza diversos tipos de eixes cronolóxicos e mapas históricos.

2.       Avaliación e cualificación.
Avaliación e cualificación
Terceira avaliación
Procedementos: visualización de videos, entrega de traballos en diferentes formatos e, no seu caso, entrevistas orais.
A entrega de traballos e entrevistas poderá facerse a través dos seguintes instrumentos:
-          Whats app: texto escrito, fotografía ou escaneado dun texto escrito manualmente, audio, video.
-          Chamada telefónica.
-          Correo electrónico: texto en word ou calquer outro procesador de texto, power point, enlace a drive, ou calquera outra cousa que permita textos, imaxes, audios ou vídeos.
Cualificación final
A cualificación final de curso será a media da nota das dúas primeiras avaliacións, á que se lle podería engadir un ou dous puntos en función da calidade dos traballos entregados na terceira avaliación.
O alumnado ao que non lle dea a media das dúas primeiras avaliacións para aprobar, chegarálle con demostrar que viu os videos a través dunha entrevista telefónica ou presencial se houbera clases presenciais.
Proba extraordinaria de setembro
Se a proba extraordinaria de setembro é presencial, realizaremos un exame escrito da materia suspensa por cada alumno ou alumna en concreto, en cada avaliación.
Alumnado de materia pendente
Non hai alumnos nin alumnas coa materia pendente.


3.       Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso, ampliación).
Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación).
Actividades
As actividades consistirán na visualización dun video por quincena e realización de actividades e tarefas relacionadas con el e coa elaboración dunha cápsula do tempo, cando nos reincorporemos ás clases.
O alumnado que así o desexe, pode substituír as tarefas quincenais pola realización dun traballo persoal pactado previamente coa profesora e relacionado coa realización da cápsula do tempo.
Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen conectividade)
Empregaremos a metodoloxía de ABP. Todos os vídeos que visualizarán e as tarefas que realizarán, estarán relacionados coa elaboración da nosa cápsula do tempo.
Debido a que os vídeos están colgados en youtube e que todo o alumnado pode acceder por teléfono móbil e entregar as tarefas en audios de whats app ou chamadas telefónicas, non hai problemas de conectividade. Se algún alumno ou alumna non puidera visualizar algún video, eu daríalle unha explicación alternativa por teléfono de forma personal.
Materiais e recursos
Vídeos de youtube elaborados pola profesora, whats app, correo electrónico, chamadas telefónicas e, se o alumnado así o demanda, algunha sesión de videoconferencia a través da plataforma cisco – webex.

4.       Información e publicidade.
Información e publicidade
Información ao alumnado e ás familias
O grupo  ten un blogg co que vai seguindo as clases desde principio de curso e que é a principal forma de informar ás familias para este departamento. Esta adaptación da programación publicarase no blogg. E ao alumnado que non lle da a media das dúas primeiras avaliacións para aprobar, chamarémolo por teléfono para informalo do indicado neste documento.
Publicidade
Publicación obrigatoria na páxina web do centro


jueves, 2 de abril de 2020

Aviso

A semana que ven, xa é Semana Santa e estaremos de vacacións. Eu sigo no meu correo ou no whats app para quen queira consultar algo, pero se non fixestes os exercicios que fun poñendo, non os fagades. Cando teñamos instruccións para a terceira avaliación, direi o que haxa que facer, pero serán cousas distintas.
Moito ánimo!!