lunes, 7 de octubre de 2019

Para entender a evolución humana (Ver dende o minuto 4 ao 10:30)



Os seres humanos descendemos de un primate, que con toda probabilidade era moi parecido a un chimpancé actual, pero non vimos do mono. Hai entre 7 e 5 millóns de anos, un parente común deu lugar a dúas liñas evolutivas: a dos actuais chimpancés e a dos homínidos (Ardipithecus, Australopithecus e Homo).
Este video serve para imaxinar como sería esa evolución: polas condicións do medio eses primeiros primates sobrevivian mellor ergueitos sobre dúas patas. Co paso do tempo van sobrevivindo e procreando máis, aqueles individuos que mellor camiñan a dúas patas. Co paso de millóns de anos, e moi moi moi lentamente, as características físicas van dando lugar a homínidos, que xa poden ser considerados y consideradas, seres humanos.
Este video simplifica moito, xa que andar ergueito non convirte a un primate en ser humano.
Pensa: En que se diferencia un ser humano dun simio?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario