Dentro dos múltiples programas do CPI de Castroverde, inclúense actividades que axudan a mellorar a cohesión do grupo - clase, enriquecen a escala de valores dos vosos fillos e fillas e favorecen a concentración e un mellor rendemento. Nesta línea están os xogos cooperativos, os xogos de mesa e as cuñas motrices.
Este ano, na materia de Xeografía e Historia, inclúense xogos de mesa, escollidos para traballar determinadas competencias imprescindibles para a materia. Así por exemplo, o "Tabú", axuda a mellorar a competencia lingüística; o "Dobble" colabora no desenvolvemento da capacidade de concentración e observación, imprescindible para analizar obras de arte; o "Córtex" desenvolve capacidades de observación, análise, memoria, competencia matemática, etc. Cada xogo está pensado para desenvolver unha serie de competencias e capacidades imprescindibles, así como a xerar un ambiente de colaboración e compañerismo.

Os xogos cooperativos e as cuñas motrices son xogos nos que non se permite a competitividade, senón a colaboración. Neles só gañan se consiguen un reto colaborando entre todos e todas. Lonxe de resultar unha "perda de tempo" está demostrado que axudan a mellorar a aprendizaxe. Os xogos cooperativos realízanse nas clases de presentación, titorías, gardas, etc. mentres que as cuñas motrices poden realizarse dentro da xornada ordinaria en espazos de tempo moi breves e controlados, permitindo un mellor rendemento á hora de concentrarse na materia.
A meirande parte dos xogos que empregaremos na clase de xeografía e historia están baseados no libro de Xesús R. Xares "Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades" ou ben nas cuñas motrices proporcionadas polo profesorado do programa "Aulas felices" en cursos pasados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario